Thursday 16 de May de 2024

O polideportivo Pilar Barreiro Senra de Lousame acollerá este sábado unha masterclass de zumba a favor da ASGPOH


Impartida por Zumba Noia, contará coa colaboración de monitores de Santa Comba, Padrón e Noia, así como cunha exhibición de Zumba Kids

O polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, emprazado na Silva (Lousame), acollerá este sábado 22 de outubro, a partir das 19:00 horas, unha Masterclass de Zumba a favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), impartida por Zumba Noia. A entrada, que se poderá adquirir na entrada do pavillón, custará 3 euros e todo o recadado será doado á ASGPOH, entidade creada en Lousame que trata de sensibilizar á poboación sobre as enfermidades ultrarraras.

Luísa Arufe, responsable de Zumba Noia, explica que “no quería hacer únicamente una masterclass de zumba-fitness, quería hacer algo diferente y atractivo para el público, por lo que decidimos hacerla en beneficio de ASGPOH, para apoyar el trabajo que desarrollan dando a conocer estas enfermedades ultrarraras de las que tan poco se sabe y tan poco se investiga”. Arufe destaca que “contaremos con seis monitores convidados dende Santa Comba, Padrón e Noia que colaboran de forma gratuíta, de modo que todo lo que se recaude será para la asociación”.

Pola súa banda, a presidenta da ASGPOH, María Dolores Suárez Becerra, explica que “seguimos haciendo distintas actividades para dar a conocer las enfermedades ultrarraras en general, y la heteroplasia ósea progresiva en particular, y recaudar fondos para la investigación, por lo que agradecemos que Zumba Noia pensara en nosotros y esperamos que se acerquen muchas personas de toda la comarca a pasar con nosotros una jornada en familia”.

De feito, todos os participantes serán obsequiados cun chocolate con churros, participen ou non na sesión de zumba, e participarán tamén no sorteo de magníficos agasallos doados polas empresas colaboradoras: Restaurante O Trapeiro, Deportes Casais, Decoraciones Gladys, Restaurante O Forno, Farmacia Busto, Hermida Deportes, Anelos, Floristería El Jardín, Montse Loureiro-A Nova e Farmacia María Antonieta Fdez.-Tomé. Entre os agasallos figuran mariscadas para dúas persoas, material deportivo ou unha consola wii.

Eduardo Agraso, vicepresidente de ASGPOH, agradeceu a colaboración de todas estas entidades, así como do Concello de Lousame e á concelleira de Xuventude, María Regenjo, polas facilidades ofrecidas á hora de montar esta masterclass de Zumba. “E sobre todo a Zumba Noia, a Luísa Arufe e a todos os monitores que colaborarán desinteresadamente con esta iniciativa”, remarcou Eduardo Agraso.